Máis polbo e menos pulpo

Cen mil compatriotas galegos saíron de novo onte á rúa na defensa da nosa lingua e contra o exterminio do pobo galego (extingue unha lingua e exterminarás a un pobo).

O presidente de Galiza, Alberto Núñez Feijóo, pode pór tóda-las trabas lexislativas que queira ao uso do galego, non importa, porque o pobo non vai calar, o pobo vai seguir berrando en galego, e amando en galego, e loitando en galego, e chorando en galego, e progresando en galego, e sentindo en galego, e pensando en galego, e convivindo en galego, e educando en galego, e gozando en galego…

Un dos homes que apoiaron a Núñez Feijóo na súa carreira á presidencia da Xunta de Galicia foi o presunto xornalista Enrique Beotas, un suxeito ao que tiven a desgraza de coñecer. Non vou destapar agora as  miserias morais e profesionais dun tipo que ten xornalistas negros (escritores pantasmas) que lle fan o traballo que asina logo el –vaia, escapóuseme–, pero si quero contarvos que este tal Beotas, que vive en puntos suspensivos, quixo un día dárme leccións de galego, pretendendo, en calidade de xefe, impoñerme o pulpo cando eu quero polbo (en) galego (si, con “b” de Beotas, non o “polvo” das entrevistas deste suxeito no Correo Galego). Pois ben, o tal Beotas, amigo íntimo de Feijóo, é de Ávila. Dime con quen andas e saberei quen es, non é?

O exterminio da lingua galega é o xenocidio do pobo galego. E nelo andan estes dous pulpos e uns cantos máis. Pero nós, os do polbo, queremos galego.

Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego

Si te ha gustado este post, no dudes en suscribirte a mi feed RSS!

  • Share/Bookmark

Posts relacionados

votar

4 comentarios a “Máis polbo e menos pulpo”

Deja tu comentario

CommentLuv Enabled

Powered by WP Hashcash

Spam Protection by WP-SpamFree

Evita comentarios que resulten ofensivos, insultantes, de escasa educación o consideración con otros usuarios. Si introduces la URL de tu sitio web puedes asociar tu último post al comentario.