Perdemos galego por tódolos recunchos: nos colexios, nas universidades, nas empresas, nas administracións públicas, nas tendas, nos pubs e discotecas, na ducha, na cama, nos sumidoiros… e agora tamén na internet. A rede social Chuza! e o diario de información Vieiros desaparecen. É a noticia que recibimos na véspera do Día da nosa Patria. Perdemos información en galego na rede e perdemos patria.
Lémbrome destas palabras do bo de Francisco Castro: “Temos a pura e bendita impresión de que, cando menos no Reino do Virtual, no País Galego Electrónico, as cousas son normais”. Iso pensaba eu, pero recibimos outra hostia de realidade. Se ninguén o remedia, o galego que vai subsistir é o subvencionado polo poder político, o de La Voz de Galicia, un galego robotizado, desvirtuado, violentado e aldraxado por un sistema de tradución automática que converte á nosa lingua en obxecto de sodomización política e xornalística. Subvencións millonarias para un galego que non é galego, senón unha parodia da nosa lingua. E desprezo político e, por que non dicilo, tamén civil, aos medios que si traballan pola normalización do noso idioma.
Semella que o galego non é rendible política, económica e socialmente. Vieiros e Chuza! non son as primeiras nin serán as últimas canles dixitais a prol do galego en desaparecer. Xa asistimos á defunción de Gznación e todo parece indicar que o diario nacionalista A Nosa Terra podería ser a próxima vítima da recesión galeguista no sistema de medios de comunicación do noso país. Perdemos información en galego no metamedio e restamos viralidade á nosa lingua.
Desde o poder político e económico só interesa apoiar a medios tradicionais e castelanófilos que manteñan o statu quo mediático galego. Un sistema anquilosado, arcaico e conservador. Un sistema incluso xenófobo, onde calquera intento de vertebrar unha canle forte e sólida monolingüe en galego e galeguista é marxinado ou ignorado.
Subscribo aquelas palabras do meu respectado Francisco Castro: “Ás veces penso o bo que sería (utopía, utopía, utopía) que os xornais escritos, que as teles, que as radios, que os medios de comunicación que adoitamos cualificar como tradicionais lle concederan á nosa lingua, á nosa cultura, aos nosos creadores, a metade dá visibilidade que na blogosfera conseguimos ter.”.
É o que nos queda, os blogues, é dicir, a resposta civil. Para todo o demais xa temos o castelán, para foder, comer, beber, estudar, administrarmos e informarmos por canles tradicionais. Non é?








[...] anos no ar devido a problemas financeiros. Em um post melancólico, o repórter galego McShuíbhne diz que “perdemos informação em galego na rede e perdemos [...]
[...] after 15 years because of financial problems. In a melancholy post, Galician reporter McShuíbhne says the loss of language online amounts to a loss of [...]
Y yo sigo pensando que no entiendo cómo somos tan estúpidos cómo para perder ni un ápice de riqueza lingüística.
Bicos!
Uma tristeza acabar o Vieiros, que eu lia sempre, uma forma de manter contato com o Galego e com Galiza. Um absurdo que acabe assim, sem nenhuma salvação, nenhuma ação.
Tes razón. E xente coma ti demostra que a nosa lingua, o galego, ten a importancia que algúns lle queren restar. Porque o galego conéctanos coas xentes do Brasil coma ti e cos nosos irmáns portugueses. É unha mágoa perder estas pontes.
Temos de nos esforçar para manter estas pontes em pé a abertas! O Galego vive e sempre viverá!
Grazas Francisco. Nada máis coñecer o peche destes medios lembrei aquel post teu
Non teño palabras, aínda que aí estean as miñas. Brillante e necesario post. Para seguirmos loitando.